5 jun. 2014

Varias ferramentas para guitarristas




Aquí vos deixo un link super interesante que compartiu un compañeiro muñón, Krunge. Trátase de unha serie de ferramentas para guitarristas para aprender, practicar, repasar... escalas, acordes,...
Bótalle un ollo, seguro que lle atopas moita utilidade:

16 jun. 2013

Un lick novo cada día!



Un compañeiro muñón, acaba de compartir isto con nós. A verdade é que a idea de aprender un lick cada día está moi ben, aínda que despois non vas recordar os 365 que aprendeches nun ano, algo sempre vai quedando gravado nos dedos para despois poder usar cando toques, eu empezo hoxe!

12 dic. 2012

Canal de vídeos moi interesante!!


Un compañeiro muñón acaba de compartir con todos nós un canal de “backingtracks” de vídeo onde, ademais do son en si, aparecen os acordes utilizados no “backing” e suxestións para improvisar por riba del.
Moi interesante e aconsellable para facer a práctica diaria máis amena.

Para acceder ao canal, podes facer“clic” aquí.

1 nov. 2012

Joe Bonamassa: “o neno prodixio”



No noso camiño pola biografía dos máis grandes guitarristas, hoxe tócalle a quenda a Joe Bonamassa. Este estadounidense nado o 8 de Maio do 1977 comezou a tocar a guitarra coa idade de tan só catro anos e, segundo parece, aos sete xa era quen de facer as delicias dos que o escoitaban facendo Blues.

Aos dez anos comezou a facer concertos na súa localidade e, con tan só doce anos empezou converteuse no teloneiro do grande BB King.

Pasou a ser moi coñecido no mundo do Blues e tocou con xente coma Buddy Guy, Danny Gatton, Robert Cray,... No 2006 foi nomeado o membro máis novo da “Blues Foundation

Durante a súa carreira usou varios tipos de guitarra: Gibson ES, Musicman, Fender Stratocaster,..., pero a súa preferida é a Gibson Les Paul.


(Imaxe por Scortiaus)


Agora mesmo forma parte da “superbanda”: Black Country Communion; xunto con Glenn Hughes, Derek Sherinian e Jason Bonham.

Entre todos os discos gravados na súa carreira, pódense contar unha ducia (oficial), sendo o último o publicado no 2012: “Diving Towars the Daylinght” (Vídeo oficial).

Web Oficial: Joe Bonamassa.
Canal de Youtube: Joe Bonamassa TV.
Máis info na: Wikipedia.