11 abr 2011

Escalas Maiores: C (Do Maior)

Xa comentamos estos días, longo e tendido, o tema das escalas en xeral e das escalas maiores en particular, agora poñamos carosos á obra e a aprender, practicar e tocar as escalas maiores coa finalidade de, poder facer e interpretar melodías para as cancións (solos, riffs,...) sin temor a equivocarnos. O único que temos que saber é en que tonalidade está a canción e utilizar as notas da escala do mesmo tono, sempre sonará ben.

Hoxe tócalle a quenda á escala de C (Do Maior) que a podedes ver no seguinte esquema:

Fai clic na imaxe para agrandar
  • Á esquerda de todo temos o soporte das clavillas da nosa guitarra, e no esquema vense seis trastes sinalados con números romanos.
  • De arriba cara abaixo atopamos as seis cordas da nosa guitarra da 1ª (a máis fina) á 6ª (a máis gorda).
  • Os círculo ocos son a Tónica, a primeira nota da escala e a que lle da nome á mesma. Neste caso correspóndese coa nota C (Do), mentres que os puntos negros son o resto das notas da escala, en este caso: D, E, F, G, A e B; ou o que é o mesmo: Re, Mi, Fa, Sol, La e Si.
  • Para tocar a escala debemos comezar pola tónica más grave, e continuar sucesivamente por tódalas notas da mesma. Ao chegar á máis aguda, voltamos cara a máis grave de toda a escala e, para rematar, seguimos outra vez ata a nota na que empezamos. Todo isto vese perfectamente no seguinte vídeo.
  • Este non é máis que un esquema. Si o desprazamos polo mastro, tal e como se indica no vídeo, podemos conseguir as escalas de outras moitas tonalidades.





Para rematar déixovos uns arquivos que vos poden axudar:

Para saber máis sobre escalas:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario