2 abr 2011

Introdución: Afinar a Guitarra

A guitarra, como todos os instrumentos, está suxeita a variacións no seu son por mor de múltiples factores: a humidade, a presión, a temperatura,... De ahí que sexa imprescidible repasar a súa afinación cada vez que a collemos para estudar ou para tocar. Das afinacións xa falamos algo no post: a guitarra; agora imos a ver polo miudo como podemos afinar o noso instrumento.

A idea xeral é a de comprobar, corda por corda, si a nota que sae dela se corresponde coa que debera sair. Tendo en conta a afinación estandar e comprobando as cordas dende a máis fina ata a máis gorda, deberían soar as seguintes notas:

Para iso pódese afinar de orella utilizando un diapasón por exemplo ou, o que é máis recomendable no século XXI, utilizar un afinador: un aparello ou un programa informático que analiza a lonxitude de onda da nota que sae de cada unha das nosas cordas e nos indica si está ou non está afinada.


AFINAR DE ORELLA

Para afinar de orella é recomendable ter unha referencia que saibamos con certeza que está ben. Un diapasón é un trebello que sempre da unha nota A (La), aínda que poderíamos usar calquer outro instrumento como un teclado,...
 (Imaxe por eurok)

Unha vez que teñamos a nota de referencia, temos que saber a relación existente entre as seis cordas do noso instrumento, que podemos resumir da seguinte forma:

  • Pulsando a 6ª corda no 5º traste sáenos a nota A (o son da 5ª corda).
  • Pulsando a 5ª corda no 5º traste sáenos a nota D (o son da 4ª corda).
  • Pulsando a 4ª corda no 5º traste danos a nota G (o son da 3ª corda).
  • Pulsando a 3ª corda no 4º traste sáenos a nota B (o son da 2ª corda).
  • Pulsando a 2ª corda no 5ª traste soa un E (a nota da 1ª corda).

AFINAR CON AFINADOR

Un afinador é un aparato electrónico que comproba o son das cordas que nós lle imos tocando e que nos sinala, normalmente cunha agulla (dixital ou analóxica) ou con un código de luces, si a corda está afinada ou non. Hainos de varios tipos: pedal, rack, pinza,...; pero en esencia todos funcionan do mismo xeito.


SOFTWARE PARA AFINAR

Hoxe en día existen un montón de programas informáticos que fan a mesma función que os afinadores tradicionais, mesmo hai alguns que os podemos atopar na nube (online). Aquí tedes un listado de software gratuíto para afinar, e funcionan moi ben:












PARA MOSTRA, UN BOTÓN

Para rematar, aquí vos deixo un exemplo práctico de cómo afinar a guitarra. Iremos comprobando corda a corda. Si o afinador nos indicar que está baixa (non chega a 0 cents na afinación estandar de 440) debemos incrementar a tensión da corda apretando a clavilla. Debemos ter moito coidado de asegurarnos que estamos a manipular a clavilla correcta (a que corresponde á corda en cuestión. Si polo contrario o afinador nos indica que a corda está alta (ten moita tensión e sobre pasa os 440) debemos afloxar a clavilla correspondente para baixar a corda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario