12 abr 2011

Escalas Maiores: A (La Maior)

Para rematar esta primeira tanda de esquemas de Escalas Mariores, imos coa escala de A (La Maior). Cos cinco esquemas que levamos estudados ata o de agora, trasladándoos polo mastro, podemos tocar as escalas de todas as tonalidades en varias posicións do mastro.
Fai clic na imaxe para agrandar

 

  • Á esquerda de todo temos o soporte das clavillas da nosa guitarra, e no esquema vense seis trastes sinalados con números romanos.
  • De arriba cara abaixo atopamos as seis cordas da nosa guitarra da 1ª (a máis fina) á 6ª (a máis gorda).
  • Os círculo ocos son a Tónica, a primeira nota da escala e a que lle da nome á mesma. Neste caso correspóndese coa nota A (La), mentres que os puntos negros son o resto das notas da escala, en este caso: B, C, D, E, F e G; ou o que é o mesmo: Si, Do, Re, Mi, Fa e Sol.
  • Para tocar a escala debemos comezar pola tónica máis grave, e continuar sucesivamente por tódalas notas da mesma. Ao chegar á máis aguda, voltamos cara a máis grave de toda a escala e, para rematar, seguimos outra vez ata a nota na que empezamos. Todo isto vese perfectamente no seguinte vídeo.
  • Este non é máis que un esquema. Si o desprazamos polo mastro, tal e como se indica no vídeo, podemos conseguir as escalas de outras moitas tonalidades. 






Para rematar déixovos uns arquivos que vos poden axudar:

Para saber máis sobre escalas:

    1 comentario:

    1. Estos ejercicios son coxonudos, no sólo para aprender escalas sino como ejercicio de soltar dedos y punteo.

      Un slaudo!!

      ResponderEliminar