30 abr 2011

Exercicios: Independencia de dedos (1-2-4)

Aquí vai outro exercicio para traballar a "independencia dos dedos" da man esquerda, e a "púa alterna" da man dereita. Temos que poñer principal atención no movemento da man dereita xa que, en este exercicio so hai tres notas por corda co cal, unha corda comenzarémola cara abaixo, e a seguinte tócano empezar cara arriba, tal e como se ve no vídeo.

IMPORTANTE
  • Levar unha velocidade contínua, para iso está ben usar un metrónomo.
  • A velocidade non debe ser excesiva, debe permitir que as notas soen todas ben limpiñas.
  • Pulsar cada nota de xeito correcto, isto é: apretando a corda coa parte do dedo entre a uña e o papo.
  • Non separar excesivamente os dedos do mastro.
  • Ademáis debemos aproveitar estes exercicios para traballar a técnica da "púa alterna" da man dereita.
  • Repetir o exercicio ata chegar ao traste doce e depois voltar ata o un.

Neta ocasión presentámosvos o exercicio coñecido por:

1 - 2 - 4

No hay comentarios:

Publicar un comentario