27 abr 2011

Exercicios: Independencia de dedos (1-2-3-4)

Para acadar unha certa habilidade nos dedos da man esquerda (man do mastro) existen unha chea de exercicios onde percorremos todo o mastro cara arriba (o corpo da guitarra) e cara abaixo. Neste blogue iremos poñendo, pouco a pouco, varios deses exercicios.

IMPORTANTE
  • Levar unha velocidade contínua, para iso está ben usar un metrónomo.
  • A velocidade non debe ser excesiva, debe permitir que as notas soen todas ben limpiñas.
  • Pulsar cada nota de xeito correcto, isto é: apretando a corda coa parte do dedo entre a uña e o papo.
  • Non separar excesivamente os dedos do mastro.
  • Ademáis debemos aproveitar estes exercicios para traballar a técnica da "púa alterna" da man dereita.
  • Repetir o exercicio ata chegar ao traste doce e depois voltar ata o un.

Neta ocasión presentámosvos o exercicio máis clásico de todos, máis coñecido por:

1 - 2 - 3 - 4

No hay comentarios:

Publicar un comentario