30 mar 2011

Eric "man lenta" Clapton

 O home que cambiou o "mundo guitarril"




Hoxe é o 66 cumpreanos de un dos máis grandes guitarristas de rock e blues de tódolos tempos que aínda, na actualidade, segue a dar "caña" polos escenarios: Eric Clapton. Coñecido polo alcume de "slowhand" (man lenta), leva anos demostrando que unha boa interpretación de guitarra non se alimenta, únicamente, de velocidade de execución, senon tamén de sentimento, gusto, intensidade, ritmo,...

Aínda así, quizais as súas mans non sexan tan rápidas como as de outros guitarrista (Joe Satriani, Steve Vai ou Van Halen) pero  seu xeito de tocar é único e inigualable.



Durante a súa carreira tocou varios tipos de guitarra: Gibson ES-335, Gibson Les Paul Standard, Fender Telecaster, Fender Jazzmaster,..., pero a súa preferida é "Blackie" unha Fender Stratocaster de cor negro.

(Imaxe por PedalFreak)

Despois de máis de vinte discos no mercado, este pasado ano (2010) publicou o seu derradeira traballo de estudo: "Clapton", que convina temas inéditos ata o momento, con covers. Un álbum mprescindible para os que, coma min, temos "carosos por dedos". Podes escoitalo en Spotify facendo clic aquí.

Sen máis, aquí reamta esta homenaxe para un dos máis grandes da guitarra que seguro que aínda ten moitos riffs e moitos solos que amosarnos. Parabéns Eric.

Web Oficial: Eric Clapton.
Canal de Youtube: Eric Clapton TV.
Máis información na: wikipedia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario