10 abr 2011

As Escalas

(Imaxe por hey vicky)
Normalmente os manuais de música amósannos definicións de escalas musicais moi correctas pero "superacademicistas" que aos que non acostumamos a dominar eses conceptos, non nos resulta doado entendelas.

Simplificando, e para entendernos, podemos dicir que unha escala é un conxunto de notas ordenadas que, tocadas nunha mesma melodía van a sonar ben xuntas, polo tanto están relacionadas coa guitarra como instrumento melodico. Preséntanse de xeito esquematizado para facilitar o seu estudo, comezando pola tónica (a primeira nota da escala e a que da nome á mesma) e seguindo de xeito ascendente (de máis grave a máis agudo).

A distancia que existe entre dúas notas contiguas dunha escala chámase intervalo. En función de como sexan estos intervales atoparemos diferentes tipos de escalas (maiores, menores, pentatónicas,...), cada unha delas terá unhas características propias e diferenciadoras que notaremos rápidamente ao escoitalas.

No mastro da guitarra, cada traste (división vertical do mastro) equivale a un semitono (medio tono). É importante ter esto claro á hora de construir escalas na guitarra.

E agora o importante, ¿para que quero eu, que teño uns carosos por dedos, saberme isto das escalas? Pois a resposta é moi sinxela, para saber rápidamente, que nostas podo usar á hora de facer unha melodía (solo, riff,...) en función da tonalidade na que estea unha canción. Si a canción está na tonalidade de Do Maior (C) podemos tocar, sin temor a equivocarnos, en calquera momento da canción, todos as notas que sabemos que pertencen á escala de Do Maior (C), si está en Fa Maior (F), usaremos as da escala de F, e así con todas. Outra cousa é saber en que tonalidade está unha canción pero iso deixámolo para outro día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario