3 abr 2011

Fender Player Baja Telecaster

FABRICANTE: Fender

MODELO: Classic Player Baja Telecaster





CARACTERÍSTICAS:
* Ano e lugar de fabricación: Mexico 2010

* Marca e modelo das pastillas: Custom shop 'Twisted' Tele (mastro), Custom shop Broadcaster (ponte)
* Configuración das pastillas: Dúas single.
* Tipo de corpo: Corpo sólido tipo telecaster.

* Número de trastes: 21 trastes

* Mastro: Escala larga.
* Tipo de trastes: Medium jumbo.
* ¿Que controis ten: Un control de Tono, un control de Volumen + Switch Push-Pull e un selector de pastillas de catro posicións. En total seis posicións de pastillas.
* ¿Sabes si está feita como os mobles de ikea ou si é de madeira: Corpo de freixo e mastro de unha peza de pradeiro.
* ¿Que acabado ten? Blonde.
* Tipo de ponte: Ponte Vintage Telecaster de Fender con "silletas" de latón.

* Afinadores: Afinadores estilo Vintage Tele

Puntúa esta categoría do 1 ao 10: 9


SON
* ¿Que ampli e efectos usas con ela na proba? Peavey Classic 30 y HB GA-5

* ¿É ruidosa? Si, precisa un apantallado.
* ¿É versátil? Moi versátil
. A configuración das pastillas fai que poidas sacar sons moi distintos.
* ¿Que tipo de son tiene? Posee o típico son Telecaster, pastillas de ponte e mastro, pero tamén ten unha combinación das dúas pastillas en serie que se aproxima moito ao son humbucker. Ademais, as posicións das dúas pastillas fora de fase danlle un carácter diferente, aproximado ao funky,...

* ¿Como se adapta ao teu estilo de música? É tan versátil que é difícil que non se adapte a casi todo: Rock, blues, pop, funky, country,...
* ¿Que é oo que máis che gusta e o que menos? O que máis me gusta é a gran cantidad de sons diferentes nunha soa guitarra, o que menos o ruído que ten.




Puntúa esta categoría do 1 ao 10: 9




AXUSTE
* ¿Que tal ven o axuste de fábrica? Mellorable. Tiven que retocar a altura das cordas, a altura  da pastilla da ponte e fíxenlle un requintado. É posible que teña que darlle un pouco de curvatura ao mastro, está un pouco plano.
* ¿Ten problemas ou defectos? Non

Puntúa esta categoría do 1 ao 10: 8


FIABILIDADE
* ¿É fiable, ou falla máis que unha escopeta de feria? De momento non fallou (6 mese con ela).
* ¿Aguanta o trato muñón, ou rómpese si a miras? Aguanta espectacularmente o trote... de feito  préstase a que lle zurren... ;-)

* ¿Como son os controles?¿Fan ruídos, teñen pinta de durar? Os controis teñen boa pinta aínda que, cando pulsas o Push-Pull escoitase un pequeno chasquido.

Puntúa esta categoría do 1 ao 10: 9


EVALUACIÓN XERAL
* ¿Que estilo de música che gusta? Blues, Rock


* ¿Canto tempo fai que tocas? Aínda que xa tocaba no coro do colexio (todos temos un pasado oscuro) empecei a estudar un pouquiño de guitarra eléctrica fai dous anos aproximadamente.. Dende hai dous meses comecei a clases con un gran maestro
* ¿Cal é o tu equipo? Guitarras: Española Admira 1000-E; Eléctricas: Epiphone LP Studio, Gibson LP Studio Worn, Fender Telecaster Player Baja. Baixo: OLP MM3. Amplificador: Peavey Classic 30.
* ¿Que é o que máis e o que menos che gusta de esta guitarra? O que mási me gusta de esta guitarra é o son tan versátil que ten. O mastro é moi cómodo, con un tacto moi agradable e faise blandiña (aínda que de momento está con un xogo 0.9 pero esto cambiará pronto: 0.10 - 0.52 posiblemente). O pote do tono engade moitas posibilidades ás que xa presenta de por sí a guirarra. Ademáis aguanta moi ben a afinanción. O que menos, como xa comentamos anteriormente, é o ruído que supoño que será o propio das guitarras con pastillas simples.


* Compáraa con outras que xa probaras. ¿Por qué escolleches esta? Comparada coa Gibson LP Studio Worn, esta é moito máis versatil. Aínda que pareza mentira, ten casi máis sustain que a LP. En canto á comodidade decir que como estaba afeito aos mastros gordotes de Gibson, esta Tele co seu mastro en "V" fáiseme moi cómoda, tanto como a Gibson pero quizáis un pouco máis blandiña. Por contra, a LP é moito máis silenciosa... prácticamente non mete ruído ningún, e ten un son máis gordote.
* Calquer outra cousa que poida interesar. En guitarras de gama media e tendo en conta a relación calidade-prezo creo que é una guitarra moi adecuada para os que temos "carosos por dedos", pola súa calidade e versatilidade de sons e o seu tacto suave e agradable. Quizais o acabado do corpo non sexa o que máis me gusta de todos os que teño visto, xa que deixa entrever una beta moi chula pero, para o meu gusto, con demasiadas capas de color e vernices. O outro punto en contra, pero nada que non se solucione con un apantallado, é o ruído, que xa comentamos antes. Os detalles Vintage do Hardware, o masteo en "V" e o circuíto de 6 posicións das pastillas son os puntos fortes de esta beleza.

PUNTÚA A GUITARRA, GLOBALMENTE, do 1 ao 10: 9

PREZO PAGADO: 555 Euros
ONDE A COMPRACHES: Thomann

Plantilla da Rewieu extraída de: Rock & Roll para Muñones

No hay comentarios:

Publicar un comentario