12 abr 2011

Escalas Maiores: D (Re Maior)

Seguindo co traballo das Escala Maiores, tócalle a quenda á de D (Re Maior), que podedes vela no seguinte esquema:
Fai clic na imaxe para agrandar


  • Á esquerda de todo temos o soporte das clavillas da nosa guitarra, e no esquema vense seis trastes sinalados con números romanos.
  • De arriba cara abaixo atopamos as seis cordas da nosa guitarra da 1ª (a máis fina) á 6ª (a máis gorda).
  • Os círculo ocos son a Tónica, a primeira nota da escala e a que lle da nome á mesma. Neste caso correspóndese coa nota D (Re), mentres que os puntos negros son o resto das notas da escala, en este caso: E, F, G, A, B e C; ou o que é o mesmo: Mi, Fa, Sol, La, Si e Do.
  • Para tocar a escala debemos comezar pola tónica máis grave, e continuar sucesivamente por tódalas notas da mesma. Ao chegar á máis aguda, voltamos cara a máis grave de toda a escala e, para rematar, seguimos outra vez ata a nota na que empezamos. Todo isto vese perfectamente no seguinte vídeo.
  • Este non é máis que un esquema. Si o desprazamos polo mastro, tal e como se indica no vídeo, podemos conseguir as escalas de outras moitas tonalidades. 






Para rematar déixovos uns arquivos que vos poden axudar:

Para saber máis sobre escalas:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario