10 abr 2011

Escalas Maiores

Como xa vimos, as escalas musicais son un conxunto de notas que "se levan ben entre elas" xa que á hora de tocalas todas na mesma melodía, fan que esa melodía sea agradable para o oído. As Escalas Maiores teñen unha sonoridade alegre e brillante, metres que as menores evocan tristura.

Para construir unha Escala Maior, sempre tomaremos como referencia a escala de DO (C), a coñecida por todos:

DO - RE - MI - FA - SOL - LA - SI - DO'

Si analizamos as distancias (intervalos) que existen entre cada unha destas notas atopamos que:
  • Entre Do e Re hai: Un tono (T)
  • Entre Re e Mi: Un tono (T)
  • Entre Mi e Fa: Un semitono (ST)
  • Entre Fa e Sol: Un tono (T)
  • Entre Sol e La: Un tono (T)
  • Entre La e Do': Un semitono (ST)

Polo tanto podemos dicir que as Escalas Maiores vanse construír baseándose no seguinte patrón de intervalos:

T - T - ST - T - T - T - ST

¿Como será a escala de SOL?
Pois comezamos coa nota SOL, que é a tónica da escala e a que lle da nome á mesma, e aplicamos o patrón anterior:

Deste xeito podemos contruir calquer escala maior que precisemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario