16 sept. 2012

A Radio ao servizo das 6 cordas


Radio3 acaba de incluír na súa nova programación un programa adicado integramente ao mundo da guitarra: 6x3. O programa está dirixido por Santiago Bustamante e nel trata todo o con concirne ao noso instrumento dende diversas perspectivas pero sempre con unha selección musical de moita calidade.

Como acostuma a pasar, este tipo de programas culturais tan especializados quedan relegados a uns horarios un tanto intempestivos: de luns a venres ás 04:00 a.m. Pero non vos preocupedes porque existe unha dirección de internet onde van colgando todos os podcast para que os poidamos escoitar cando mellor nos pete. Para acceder fai <clic> aquí.


Saúdos e Rock'n Roll!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario