18 sept 2012

As Escalas Pentatónicas


Unha escala pentatónica é, como o seu nome indica, unha sucesión de cinco notas (do grego: “penta”). As escalas pentatónicas poden ser maiores ou menores.

As pentatónicas maiores fórmanse a partir das escalas maiores suprimindo o 4º e o 7º grao. Así, a pentatónica maior de C quedaría da seguinte forma:




As pentatónicas menores fórmanse a partir das escalas menores suprimindo o 2º e o 6º grao. Así, a pentatónica menor de A quedaría da seguinte forma:




Si nos damos conta, a pentatónica maior de C e a pentatónica menor de A teñen exactamente as mesmas notas, só que comezan en notas diferentes. Isto sucede porque A é o “relativo menor” de C. ¿De que nos vai servir isto? Pois que imos poder usar indistintamente unha ou outra.

O uso deste tipo de escalas é moi variado pero, acostúmase a utilizalas sobre todo no Blues e no Rock. Xa veremos máis profundamente o xeito de utilizar cada escala pero, para facernos unha idea as escalas pentatónicas poden usarse do seguinte xeito:

  • Nos temas Blues poden usarse a maior e/ou a menor da tonalidade na que está o Blues. Por exemplo, un blues e A (A7/D7/E7), poderemos utilizar para facer solos ou fraseos a escala pentatónica menor de A e tamén a escala pentatónica maior de A.
  • Nos temas Modais (maiores ou menores), temos que limitarnos ao modo. Por exemplo nun tema en C maior poderemos utilizar a pentatónica maior de C, pero tamén o seu “relativo menor”: a pentatónica menor de A xa que, como vimos antes, teñen as mesmas notas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario