Mostrando entradas con la etiqueta Free. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Free. Mostrar todas las entradas

5 sept 2012

Un feixe de aplicacións on-line!!



Busques o que busques para estudar coa tua guitarra, en DRUMBOT seguro que o atopas. Ofrécennos un feixe de aplicacións wb e gratuítas para poder adicar o tempo a darlle aos "carosos" e non perdelo en outras cousas: diccionario de acordes, metrónomo, batería programable on-line, secuenciador de acordes (tócache a progresión que ti queiras para estudar por riba dela), afinador,..., ata teñen unha apicación para determinar a velocidade á que vai un tema.

O dito, busques o que busques seguro que o atopas aquí, por iso DRUMBOT pasa a ser unha das nosas webs recomendadas.

22 jul 2012

Afinador on-line



Acabamos de atopar un novo afinador on-line gratuíto que che permite enchufar a túa guitarra, ou usar o teu micrófono, e poder afinar directamente con él.
É unha ferramenta moi interesante e seguro que algún de vós lle resulta útil.

7 may 2012

A "Biblia"

Xa hai ben de tempo que non escribimos nada. O tempo é limitado, din que é a única cousa que nos iguala a todos, o tempo non fai diferenzas de raza, relixión, nacionalidade,... Só é tempo. Cada quen ten o seu e debe aproveitalo da mellor forma posible.
E para que todos/as o aproveitedes ben, aquí vos deixo esta publicación, imprescindible, para todo/a aquel/a que quer chegar a ser algún día, un guitarrista de xeito. A estudar!!


15 ene 2012

Songsterr


Aquí vos deixo unha web que pode ser moi útil para aqueles que estamos a 'pegarnos' coas seis cordas para aprender a tocar este instrumento: Songsterr.

Trátase de unha web de TABS (partituras tabuladas para guitarra), ata aquí todo ben, pero a maiores o que temos e un reprodutor (similar ao Guitar Pro) co que podes reproducir o tema, detelo, repetir a pasaxe que máis che costa,... Aínda que é gratuíta, ten unha versión de pago na que ademais che deixa facer outras cousas como variar a velocidade dos temas, afinar,...

Si queredes botarlle unha ollada só tedes que facer <clic>  aquí.

14 may 2011

Software para guitarristas: Metrónomo

(Imaxe por aldoaldoz)

Para conseguir levar unha velocidade uniforme á hora de estudar ou de tocar, podemos axudarnos dos metrónomos: aparellos ou programas que levan un pulso contínuo e que podemos poñer ao nóso antoxo. Aquí vos deixo uns metrónomos gratuítos para o ordenador ou o móbil.

12 may 2011

Software para guitarristas: Afinador

 
Como xa comentamos en outras ocasións, para disfrutar plenamente do nóso instrumento, é imprescindible ter a guitarra perfectamente afinada. Aquí vos deixo uns cantos programas gratuítos para afinar a guitarra dende o ordenador ou o móbil.