Mostrando entradas con la etiqueta guitarristas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guitarristas. Mostrar todas las entradas

1 nov 2012

Joe Bonamassa: “o neno prodixio”



No noso camiño pola biografía dos máis grandes guitarristas, hoxe tócalle a quenda a Joe Bonamassa. Este estadounidense nado o 8 de Maio do 1977 comezou a tocar a guitarra coa idade de tan só catro anos e, segundo parece, aos sete xa era quen de facer as delicias dos que o escoitaban facendo Blues.

Aos dez anos comezou a facer concertos na súa localidade e, con tan só doce anos empezou converteuse no teloneiro do grande BB King.

Pasou a ser moi coñecido no mundo do Blues e tocou con xente coma Buddy Guy, Danny Gatton, Robert Cray,... No 2006 foi nomeado o membro máis novo da “Blues Foundation”

Durante a súa carreira usou varios tipos de guitarra: Gibson ES, Musicman, Fender Stratocaster,..., pero a súa preferida é a Gibson Les Paul.


(Imaxe por Scortiaus)


Agora mesmo forma parte da “superbanda”: Black Country Communion; xunto con Glenn Hughes, Derek Sherinian e Jason Bonham.

Entre todos os discos gravados na súa carreira, pódense contar unha ducia (oficial), sendo o último o publicado no 2012: “Diving Towars the Daylinght” (Vídeo oficial).

Web Oficial: Joe Bonamassa.
Canal de Youtube: Joe Bonamassa TV.
Máis info na: Wikipedia.

6 dic 2011

Un pedazo de animal!!

Un exemplo moi claro de que a guitarra non ten límites, os únicos límites son os da nosa imaxinación. Espero que gocedes con este vídeo tanto coma min.

30 mar 2011

Eric "man lenta" Clapton

 O home que cambiou o "mundo guitarril"




Hoxe é o 66 cumpreanos de un dos máis grandes guitarristas de rock e blues de tódolos tempos que aínda, na actualidade, segue a dar "caña" polos escenarios: Eric Clapton. Coñecido polo alcume de "slowhand" (man lenta), leva anos demostrando que unha boa interpretación de guitarra non se alimenta, únicamente, de velocidade de execución, senon tamén de sentimento, gusto, intensidade, ritmo,...

Aínda así, quizais as súas mans non sexan tan rápidas como as de outros guitarrista (Joe Satriani, Steve Vai ou Van Halen) pero  seu xeito de tocar é único e inigualable.



Durante a súa carreira tocou varios tipos de guitarra: Gibson ES-335, Gibson Les Paul Standard, Fender Telecaster, Fender Jazzmaster,..., pero a súa preferida é "Blackie" unha Fender Stratocaster de cor negro.

(Imaxe por PedalFreak)

Despois de máis de vinte discos no mercado, este pasado ano (2010) publicou o seu derradeira traballo de estudo: "Clapton", que convina temas inéditos ata o momento, con covers. Un álbum mprescindible para os que, coma min, temos "carosos por dedos". Podes escoitalo en Spotify facendo clic aquí.

Sen máis, aquí reamta esta homenaxe para un dos máis grandes da guitarra que seguro que aínda ten moitos riffs e moitos solos que amosarnos. Parabéns Eric.

Web Oficial: Eric Clapton.
Canal de Youtube: Eric Clapton TV.
Máis información na: wikipedia.