Mostrando entradas con la etiqueta Peavey. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Peavey. Mostrar todas las entradas

3 abr 2011

Mod FootSwitch Peavey Classic 30


Teño un amplificador a vávulas Peavey Classic 30, que trae un FootSwitch (pedal) para cambiar de canal (clean/drive) e para activar ou desactivar a reverb do ampli. O tema é que o FootSwitch non ten leds indicadores e cando tocas en sitios con pouca luz e o batera está zumba que te zumba nos seus cacharros pois, hai ocasións que estás un pouco perdido, sobre todo coa reverb, que non sabes si está ou non activada.

Por iso me animei a facer unha modificación no pedal para introducirlle uns leds indicadores. Tiven a axunda de "elmanonuerta" un amigo muñón do outro lado do charco, que me facilitou un esquema moi fácil de entender, aínda para un novato no tema do estaño coma min.



No seguinte vídeo explicase de xeito detallado a modificación. Para descargarte o esquema do circuito, fai clic aquí.