Mostrando entradas con la etiqueta Introdución. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Introdución. Mostrar todas las entradas

10 may 2011

Axudas para o estudo: O Metrónomo

Moitos principiantes nesto da aprendizaxe dos instrumentos, temos problemas á hora de estudar, para seguir un ritmo estable nos exercicios e nos temas que tocamos.

Isto non é novo, de feito xa hai ben de anos inventáronse uns aparatiños que se chaman "metrónomos" que nos van marcando un "pulso": un ritmo constante e estable; para poder adicar a nosa atención á execución dos exercicios ou cancións.

Estes aparatos son regulables, é dicir, permítennos establecer a velocidade de execución, en pulsos por minuto (bpm), de máis lento a máis rápido.

Existen metrónomos mecánicos (os primeiros en ser construídos), dixitais (máis modernos) e tamén programas informáticos (software) e metrónomos online.


E por último aquí vos deixo un metrónomo que podedes usar dende o noso blogue.


Metronomo extraído de BestMetronome.com

25 abr 2011

As notas do mastro

Como xa comentamos no apartado de as: "Partes da guitarra", o mastro é a parte máis longa da guitarra, que está dividido por unhas pezas metálicas perpendiculares a él, que se chaman trastes, e sobre os que pasan as cordas. En función do traste (parte do mastro) onde pulsemos unha corda, esta daranos unha nota ou outra.

Resumindo: dunha mesma corda podemos sacar varias notas diferentes, segundo o lugar do mastro sobre o que estemos "aplastando" (pulsando) esa corda.

Está ben saber que nota pulsamos en cada momento aínda que iso vai levar tempo. Podemos comezar por aprender o nome das notas que soan coas cordas ao aire (sen pulsar en ningún lugar), e a progresión que siguen a medida que avanzamos polo mastro cara ao corpo da guitarra. Para iso debemos recordar que, de un traste ao seguinte hai unha distanza de: medio tono (ou un semintono).

As notas das cordas da guitarra ao aire, baseándonos nuha afinación estandar e comezando da máis fina á máis gorda, son:



Seguindo a escala maior de C (Do maior): Do - Re - Mi - Fa - Sol - La - Si - Do'
a distancia entre as diferentes notas son estas:
  • De Do a Re vai: un tono (dous semitonos = dous trastes)
  • De Re a Mi vai: un tono (dous semitonos = dous trastes)
  • De Mi a Fa vai: un semitono (medio tono = un traste)
  • De Fa a Sol vai: un tono (dous semitonos = dous trastes)
  • De Sol a La vai: un tono (dous semitonos = dous trastes)
  • De La a Si vai: un tono (dous semitonos = dous trastes)
  • De Si a Do vai: un semitono (medio tono = un traste)
(Das notas que acaban en "i" á seguinte sempre vai medio tono, o resto teñen unha distancia de un tono)


    Comezamos coa primeira corda, como de Mi a Fa vai medio tono, para conseguir que sone a nota Fa na primeira corda temos que engadirlle un traste, pulsar no traste un. Estamos no primeiro traste da primeira corda e danos un Fa. Como do Fa ao Sol vai unha distancia de dous trastes (un tono) temos que engadirlle dous traste máis para conseguir un Sol, é dicir, temos que pulsar no traste tres. E así ao longo de todo o mastro.



    Fai clic na imaxe para agrandar


    E, ¿que pasa coa nota do traste que quedou no medio?, esas son as notas alteradas, as que teñen sostidos ou bemoles. A nota que quedou entre o Fa e o Sol (é dicir o segundo traste da primeira corda) será Fa# ou Solb. Son notas enarmónicas, con nome distinto pero que soan igual na guitarra (en outros instrumentos varían un pouquiño) e que lle chamamos diferente en función da escala que estemos a usar.

    A partir do traste XII, a serie repítese igual pero en outra octava.

    2 abr 2011

    A Guitarra: Instrumento Melódico e Armónico

    Os instrumento melódicos son aqueles que son capaces de reproducir melodias. Unha melodía non é máis que unha sucesión de notas, unha detrás de outra. Hai instrumentos puramente melódicos como: o Saxo, Trompeta, Trombó, Gaita,... Con estos instrumentos non podemos dar máis de unha nota de cada vez, polo tanto o único que podemos interpretar con eles son melodías.



    A guitarra é un istrumento que pode actuar como melódico, xa que con ela podemos interpretar melodías: riffs, solos,...; pero tamén é un instrumento armónico. Os instrumentos armónicos son aqueles que constituen a armonía dunha canción, son o colchón sobre o que se asenta unha melodía. Isto faise normalmente cos acordes. Os acordes son un conxunto de dúas ou máis notas tocadas simultaneamente e que se levan ben entre elas (xa os veremos máis adiante). Cando facemos un acompañamento de acordes coa nosa guitarra, estamos a utilizala como instrumento armónico.

    Introdución: Afinar a Guitarra

    A guitarra, como todos os instrumentos, está suxeita a variacións no seu son por mor de múltiples factores: a humidade, a presión, a temperatura,... De ahí que sexa imprescidible repasar a súa afinación cada vez que a collemos para estudar ou para tocar. Das afinacións xa falamos algo no post: a guitarra; agora imos a ver polo miudo como podemos afinar o noso instrumento.

    A idea xeral é a de comprobar, corda por corda, si a nota que sae dela se corresponde coa que debera sair. Tendo en conta a afinación estandar e comprobando as cordas dende a máis fina ata a máis gorda, deberían soar as seguintes notas:

    Para iso pódese afinar de orella utilizando un diapasón por exemplo ou, o que é máis recomendable no século XXI, utilizar un afinador: un aparello ou un programa informático que analiza a lonxitude de onda da nota que sae de cada unha das nosas cordas e nos indica si está ou non está afinada.


    AFINAR DE ORELLA

    Para afinar de orella é recomendable ter unha referencia que saibamos con certeza que está ben. Un diapasón é un trebello que sempre da unha nota A (La), aínda que poderíamos usar calquer outro instrumento como un teclado,...
     (Imaxe por eurok)

    Unha vez que teñamos a nota de referencia, temos que saber a relación existente entre as seis cordas do noso instrumento, que podemos resumir da seguinte forma:

    • Pulsando a 6ª corda no 5º traste sáenos a nota A (o son da 5ª corda).
    • Pulsando a 5ª corda no 5º traste sáenos a nota D (o son da 4ª corda).
    • Pulsando a 4ª corda no 5º traste danos a nota G (o son da 3ª corda).
    • Pulsando a 3ª corda no 4º traste sáenos a nota B (o son da 2ª corda).
    • Pulsando a 2ª corda no 5ª traste soa un E (a nota da 1ª corda).

    AFINAR CON AFINADOR

    Un afinador é un aparato electrónico que comproba o son das cordas que nós lle imos tocando e que nos sinala, normalmente cunha agulla (dixital ou analóxica) ou con un código de luces, si a corda está afinada ou non. Hainos de varios tipos: pedal, rack, pinza,...; pero en esencia todos funcionan do mismo xeito.


    SOFTWARE PARA AFINAR

    Hoxe en día existen un montón de programas informáticos que fan a mesma función que os afinadores tradicionais, mesmo hai alguns que os podemos atopar na nube (online). Aquí tedes un listado de software gratuíto para afinar, e funcionan moi ben:












    PARA MOSTRA, UN BOTÓN

    Para rematar, aquí vos deixo un exemplo práctico de cómo afinar a guitarra. Iremos comprobando corda a corda. Si o afinador nos indicar que está baixa (non chega a 0 cents na afinación estandar de 440) debemos incrementar a tensión da corda apretando a clavilla. Debemos ter moito coidado de asegurarnos que estamos a manipular a clavilla correcta (a que corresponde á corda en cuestión. Si polo contrario o afinador nos indica que a corda está alta (ten moita tensión e sobre pasa os 440) debemos afloxar a clavilla correspondente para baixar a corda.

    Introdución: A Man Dereita

    Para a man dereita existen un montón de técnicas. Pódese untilizar unha púa (existen varios tipos), pódese tocar cos dedos (con diferentes técnicas), pódese usar unha convinación de púa e dedos,...

    No noso caso, como estamos comezando, imos partir da base da guitarra eléctrica que é o uso correcto da púa. A técnica máis económica para utilizar a púa, e coa que conseguiremos nun futuro alcanzar maior velocidade de execución, é a chamada: Técnica da púa alterna ou "alternate picking"; que se explica de xeito básico no seguinte vídeo.




    Cando falamos de man dereita ou man esquerda é dende a prespectiva dun guitarrista destro, os/as zurdos/as sería ao revés.

    Introdución: A Man Esquerda

    A guitarra é un instrumento que precisa da habilidade e da soltura das dúas mans para poder chegar a tocar coma un/ha dos grandes. É importante traballar ben dende a base para non coller vícios difíciles de sacar cando nos limiten a progresión da nosa aprendizaxe

    No seguinte vídeo amósase como colocar e mover a man esquerda de xeito correcto. En función da posición ou lugar do mastro onde estemos a tocar, sempre teremos como referencia os dedos centrais: medio (2) e anular (3); e os dedos índice (1) e mainiño (4) serán os que se despracen aos trastes contiguos.

    É moi importantes non levantar ou separar excesivamente os dedos do mastro e tratar de pulsar cada corda coa parte do dedo entre a "uña e o papo".




    Cando falamos de man dereita ou man esquerda é dende a prespectiva dun guitarrista destro, os/as zurdos/as sería ao revés.

    Introdución: Partes da Guitarra

    As guitarras, como todos os instrumentos, teñen varias partes perfectamente diferenciadas. Cada unha desas partes ten unha función importante dentro do instrumento. Non imos a estendernos demasiado pero, en liñas xerais podemos diferencias entre: Corpo, Mastro e Soporte das Clavillas.





    O Soporte das Clavillas é unha das partes onde se amarran as cordas. Ten unha pezas móviles chamadas Clavillas que serven para conseguir a afinación que desexamos.




    O Mastro é o lugar onde "traballaremos" coa nosa mán esquerda (si somos destros) coa cal variaremos as notas que saen do noso instrumento.



    O Corpo é a parte que se une ao mastro e soporta o diapasón e toda a electrónica da guitarra: pastillas, potenciómetros, selectores,...



    No CORPO temos varios aparellos importantes:

    • A Ponte:

    • Os Potenciómetros e Selectores:

    • As Pastillas ou Fonocaptores:

    Introdución: A Guitarra

    A guitarra é un instrumento da família da corda, xa que a vibración das cordas é a que produce o son. As guitarras máis extendidas son as de seis cordas, aínda que existen moito tipo de guitarras: de sete cordas, de doce cordas,...

    A afinación habitual das guitarras de seis cordas, é dicir, a nota que cada corda debe dar si se fai soar libremente é:

    Da primeira corda á sexta (da máis fina á máis gorfa): E - B - G - D - A - E    (cifrado anglosaxón)



    Perto existen outras afinacións alternativas da guitarra, entre outras:

    Drop D Tuning (Afinanción caída)
    E - B - G - D - A -B
    (Utilizada para hacer acorde de quitas con un sólo dedo)

    Open G Tuning (Afinación de G aberto)
    D -B -G -D -G - D
    (Muy utilizada con Slide)



    Existen diferentes tipos de guitarras: clásicas, flamencas, acústicas, eléctricas,...
    • As guitarras clásicas levan cordas de nailon, tócanse cos dedos e úsanse para música clásica.
     (Imaxe por Mauricio Peñaranda)
    • As guitarras flamencas tamén levan cordas de nailon, tócanse cos dedos e utilízanse na música flamenca. Á vista son moi parecidas ainda presentan diversa diferenzas na súa construcción xa que as guitarras flmencas taméns se utilizan como instrumento de percusión e deben estar preparadas para iso.
     (Imaxe por Emilio del Prado)
    • As acústicas levan cordas metálicas e o seu son é máis brillante. Tócanse cos dedos ou con púas e son moi utilizadas na música folk, pop, rock,...
     (Imaxe por Fredo in (((Stereo))))
    • As guitarras eléctricas tamén levan cordas metálicas e taméns e tocan cos dedos ou con púas. A vibración que producen as cordas son recollidas por uns eleméntros electrónicos a base de imáns chamados pastillas. Éstas son as que electrifican o son para despois ser procesado e amplificado. Utilízase en moitísimos estilos musicais: pop, rock, blues, heavy, funky, punk, soul,...
    (Imaxe por chanmanrules)