Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas

5 sept 2012

Un feixe de aplicacións on-line!!



Busques o que busques para estudar coa tua guitarra, en DRUMBOT seguro que o atopas. Ofrécennos un feixe de aplicacións wb e gratuítas para poder adicar o tempo a darlle aos "carosos" e non perdelo en outras cousas: diccionario de acordes, metrónomo, batería programable on-line, secuenciador de acordes (tócache a progresión que ti queiras para estudar por riba dela), afinador,..., ata teñen unha apicación para determinar a velocidade á que vai un tema.

O dito, busques o que busques seguro que o atopas aquí, por iso DRUMBOT pasa a ser unha das nosas webs recomendadas.

29 ago 2012

Outro blogue interesante para a aprendizaxe

Dende México, e con un deseño minimalista para non perder a atención en detalles sen importancia, chéganos unha bitácora da man do maestro Jaime Javier Rosas Rivera, onde aparece teoría moi ben explicada sobre diferentes técnicas da guitarra, dende o máis elemental.

Aquí tedes unha mostra da habilidade como guitarrista deste fenómeno:


Si queredes botarlle unha ollada, aquí tedes o link: GUITARRA.

31 jul 2012

Dous blogues a ter en conta

Aquí vos deixo un par de blogues, sobre guitarra, que atopei pola internet e que me parecen moi interesantes. O primeiro e do gran mestre Victor J, onde nos ofrece un grande surtido de vídeos, e o segundo un blogue que trata a guitarra dende o punto de vista do blues.







A rockandrolear!!!