Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas

29 mar 2011

Eche hora de facer as presentacións

De min xa sabedes algo.... agora ireivos presentando pouco a pouco ás miñas pequenas. Non, non é que teña moitas, nin tampouco son edición especiais de coleccionistas que valen capachos cheos de "leuros", pero son as que me van acompañando nesta viaxe,

Hoxe quero presentarvos a: Lupita; a última en chegar e como non, a que me ten o corazón pillado: Trátase de unha Fender Player Baja Telecaster (made in México) cunha moi boa relación calidade-prezo. Eche unha pequena moi versátil coa que se logran sonidos moi diferentes, xa vos amosarei unha "review" dela outro día. Sen máis, carosos e carosas: Lupita!!

Improvisación Blues en La:






Un pouco de caña:





Para saber máis sobre esta guitarra recoméndovos o artigo de "Jose.gs" sobre a "Fender Baja Player". Para acceder fai clic aquí.

28 mar 2011

Comezando a andadura!!

(Imaxen por fotosderianxo)


Despois de vinte anos chapurreando coas seis cordas, aprendendo un acorde por aquí, unha escala por alá,..., intentando tocar as cancións que sempre me gustaron,..., por fin, o pasado mes decidín asistir a unhas clases de guitarra.

Teño que agradecer á familia de "Rock and Roll para muñones", que me volveu meter "o demo no corpo", fíxome poñerme as pilas e aprendéronme un montón de cousas (Ociosu, nunca che poderei compensar por todas as túas aprendizaxes).

Hoxe comezo esta bitácora coa intención de ir colgando cousas na rede que teñan que ver co mundo da guitarra en xeral, e da guitarra eléctrica en particular, pero tamén para ir poñendo orde en todas aquelas aprendizaxes que vaia adquirindo. Asemade, gustaríame que este blogue servira de "repositorio" de contidos relacionados coa guitarra que, de seguro, lle serán de utilidade para máis de un.

Sen máis, benvidos a todos/as aqueles/as que, coma min, teñen "carosos por dedos".